RecursosPrecios
Asociación Banda de Música de Foz

Asociación Banda de Música de Foz

Foz, Galicia, Spain
clarinet
Banda de música
Sobre nosotros
A Banda de Música de Foz nace no ano 1993 da man de D. Arcadio Mon García, distinguido e reputado músico natural de Bacoi - Alfoz, por aquel entón director da recén creada Escola Municipal de Música de Foz (que hoxe leva o seu nome) e cunha dilatada carreira no seo de decanas agrupacións e orquestras de Galicia. Co seu carisma conciliador e sociable reuniu ó seu redor un grupo de experimentados músicos e vellos amigos de toda a Mariña Lucense, ós que xuntou cos alumnos da escola para formar unha banda de música, cuxa primeira actuación foi na Semana Santa de Santo Tomé de Lourenzá no ano 1993. Consolidada como Asociación Cultural no ano 1994, é dende entón un dos principais referentes culturais e musicais de Foz, levando ademais o seu facer por multitude de localidades de toda Galicia e Asturias. Na actualidade é dirixida polo Mestre D. Pablo Peláez Campos, natural de San Adriano de Lourenzá que, pese á súa xuventude, foi quen de revitalizar o proxecto coa introdución de instrumentos ata entón non moi habituais nas bandas de música populares coma o violonchelo, contrabaixo, guitarra eléctrica, etc., así coma desenrolar concertos en colaboración con agrupacións teatrais, folclóricas, corais, etc. que aportan unhas sonoridades diferentes e abren as portas a unha actualización e modernización dos espectáculos culturais, pero sen deixar de lado a referencia ás actuacións tradicionais das bandas de música populares como son os pasarrúas, procesións e amenización de festividades e eventos.